Turismo Terras de Lugo

Inicio

Inicio

Viaxar polas terras de Lugo é algo máis que disfrutar da súa paisaxe, que perderse nos seus recunchos, que deleitarse cos seus sabores... Adentrarse nestas terras máxicas é gozar dunha experiencia única, é revivir unha forma de vida tan próxima a nós coma esquecida na noite dos tempos, é mergullarse no espírito da nosa Galicia rural, é voltar ás nosas orixes, é espertar do noso soño; é, en definitiva, facer unha viaxe ao centro de cada un de nós.

 

Pazos, feiras, leiros, camiños milenarios, pontes de pedra, carballos e castiñeiros, meigas e cruceiros.. A historia e a lenda, a tradición e a modernidade fúndense na concienca colectiva dunha sociedade que soubo conservar unha forma de ser, de pensar e de sentir auténtica e xenuína, que nin a máis agresiva das globalizacións foi quen de arrincar.

Convidámoste, xa que logo, a que emprendas esta viaxe cara a Galiza interior. Pronto descubrirás que non só viaxaches a un lugar físico, senón que acudiches a unha cita moito máis importante: o reencontro contigo mesmo.

¡ Boa viaxe !

 



Auga e aire



As augas do río Miño

O río Miño atravesa as terras de Lugo de Norte a Sur, converténdose nun elemento esencial da idiosincrasia deste lugar. Séculos atrás, cando os romanos ousaron adentrarse nestas terras, crían que o Miño era un río enmeigado, tras do cal, agochado entre a mesta néboa, estaba a fin da terra (Finis Terrae), un enorme acantilado que os levaría dereitos ó vacío.


O río que nos leva

Ao carón das augas do río Narla, xeracións de friolenses fixeron parte da súa vida cotiá; por eso, hoxe podemos atopar xunto a él muiños de auga e outras construccións de interese etnográfico. O paseo fluvial que segue o curso do río á altura da vila, agasállanos con fermosas paisaxes dun río que, máis que auga, leva a memoria dun pobo: Friol.


Unha praia no interior

Malia estarmos no interior, non é preciso desprazarse ata o litoral para disfrutar dun bo baño nunha calurosa tarde de verán. O Concello do Corgo conta cunha fermosa praia fluvial, aproveitando as augas do río Chamoso. Durante os meses de Xullo e Agosto, centos de persoas se achegan ata este lugar a toma-lo sol, darse un baño e gozar dun entorno natural inmellorable en compañía dos seus amigos.


A forza do vento

Nos últimos anos, os parques eólicos pasaron a formar parte da paisaxe dalgúns montes e outeiros galegos. Estos inmensos muiños de auga encárganse de transforma-la enerxía eólica en enerxía eléctrica, a cal se verte logo na rede. Malia que a súa estética non convence a todo o mundo, velos funcionar de preto é todo un espectáculo.


A auga da vida

Antes de que houbera auga nas casas, ir por auga á fonte era unha tarefa obrigada para os viciños de terras de Lugo. A abundancia de manantiais propiciou a creación de pequenas fontes por todo o territorio, o que axuda tamén a explicar o espallamento da poboación, un rasgo característico desta zona. A calidade das augas fai que estas fontes, lonxe de estar en desuso, sigan a abastecer a moitos viciños.


Batuxeando

Batuxo é o nome que recibe unha pequena barca de forma rectangular, feita en madeira de pino ou carballo e empregada para navegar polo río. Normalmente, só ía unha persoa, quen se valía dunha longa vara de bidueira para guia-la embarcación polas augas. Era moi común empregalas para a pesca ou para desprazarse ata os caneiros a recolle-las redes.


A lagoa do Rei

Os amantes do turismo ornitolóxico teñen unha cita ineludible no Concello de Rábade. Aquí atópase a Lagoa do Rei, un humidal de máis de catro hectáreas de superficie, que serve como refuxio natural para numerosas especies de aves. Conta, ademáis, cunha pequena illa no seu interior, un mirador e un entorno cuberto de vexetación autóctona.


Vivi-lo río

Os ríos de terras de Lugo ofrecen a posibilidade de practicar deportes tales como o piragüismo ou o rafting, grazas ós servizos que ofrecen distintas empresas de turismo activo. Esto permitiranos disfrutar das magnificas paisaxes de ribeira: árbores autóctonas, insuas, refuxios de aves, prantas acuáticas. . . De seguro que será unha experiencia inesquecible.


Augas que curan

As fontes de augas termais son un tesouro de gran valor do cal levan facendo uso dende tempos moi antigos as xentes de terras de Lugo. Un bo exemplo de fonte termal atópase na parroquia de San Salvador de Francos ( Guntín ), cuxas augas son beneficiosas para combater enfermidades coma o reuma, e que aparecen reflexadas na base do escudo do Concello.





Construccións



Pontes medievais

As pontes de pedra de orixe medieval son moi comúns nesta zona, bañada por tantos ríos. Na foto, podemos ve-la primitiva ponte sobre o río Neira, con catro arcos de medio punto, no antigo camiño entre Portomarín e Lugo. Construída en cantería no século XIII ou XIV aínda que, hoxe en día, serve para o paso rodado, despois dunha transformación.


Construccións singulares

Os hórreos son construccións típicas do noroeste penínsular; no seu tempo, foron empregados para gardar cereais e outros alimentos. Os pilares sobre os que se levantan, permiten que estes se conserven alonxados da humidade e máis dos ataques de ratos e leiróns. A nave de madeira ten unhas ranuras que permiten a entrada de aire.


A aldea

A aldea é a entidade básica de poboación no rural de terras de Lugo; trátase de pequenos núcleos de poboación que non superan, en moitos casos, os 50 habitantes. Un conxunto de aldeas, máis ou menos próximas entre si, forman a parroquia. Estas, á súa vez, organízanse en concellos, como o de Lugo, que conta con 54 parroquias rurais.


A pegada dos romanos

A vella Lucus Augusti, a capital máis antiga de Galicia, conserva monumentos de gran beleza que reflexan o esplendor desta urbe na época dos romanos. Á archicoñecida muralla hai que engadi-las termas ou baños públicos ( na actualidade, ubicadas no sótano dun hotel-balneario ) ou a ponte vella sobre o río Miño.


Unha noite no muíño

Os muiños son pequenas construccións en pedra e pizarra, ubicados na beira dos ríos, os cales aproveitan a corrente das súas augas para moer o trigo, facendo así a fariña. A auga, embalsada nunha presa, canalízase a través dun canal e move un rodicio, o cal fai funcionar o mecanismo do muiño. O conxunto, formado pola presa e o canal, coñécese como caneiro. Na actualidade, algúns seguen a funcionar.


Terra de pazos

Os pazos e casas grandes foron, no seu tempo, as residencias da nobreza e a fidalguía galega. O fidalgo era o señor que vivía no pazo, ó redor do cal, posuía grandes extensións de terreo; estas terras eran labradas polos campesiños do lugar, a cambio dunha paga ou diezmo. Hoxe en día, algúns deles acollen establecementos turísticos e hostaleiros.


A casa das pombas

Os pombais son pequenas construccións feitas, normalmente, en pedra e de planta cilíndrica, que se empregaban para a crianza de pombas e pichóns. E bastante frecuente atopalos en pazos e casas señoriais. Das pombas adoitase aproveita-la carne, os ovos e mesmo os excrementos, cos que se fabrica un excelente abono.





Tradición e lendas



O ritmo das campás

Durante moitos anos, as campás das igrexas parroquiais marcaron o ritmo de vida dos territorios onde se asentaban. Non só informaban da hora ou da celebración de misas e outros eventos relixiosos, senón que tamén alertaban á poboación local da existencia de posibles perigos, tales como incendios ou ataques de lobos. Na actualidade, continúase a escoita-lo seu latexo en moitas parroquias nesta zona de Galicia.


O máis alá

Os cruceiros representan unha das máximas expresións da arte relixioso-poñular na Galicia rural. É moi común atopalos en lugares públicos, tales como cruces de camiños, lugares elevados ou no alto dos hórreos. Froito da herencia céltico-cristiá de Galicia, podemos atopalos tamén noutras nacións cun pasado celta, como Irlanda, Escocia...


Lavando e laretando

Os lavadoiros eran espazos de uso colectivo, a onde acudían as xentes do lugar a lava-la roupa. Estos consistían nunha enorme pía de auga e unha superficie lisa, normalmente feita en lousa, que tamén recibía este nome. Como espazos públicos, os lavadoiros eran lugares habituais para a conversa entre os veciños, facendo tamén as veces de locais sociais.


A Santiago me vou

O camiño primitivo a Santiago cruza terras de Lugo de Este a Oeste, entrando pola parroquia de San Pedro de Vilalle, en Castroverde, e uníndose ós camiños francés e norte en Palas de Rei. Di a tradición que tal nome se debe ó feito de ser o camiño empregado polo Rei Alfonso II, quen foi o primeiro en percorrer o treito que separa as cidades de Ovieu e Compostela para ir visita-la tumba do Apóstolo.


A matanza

Di o refraneiro popular que a todo porco lle chega o seu San Martiño; a matanza e todo un ritual, moi arraigado no rural de terras de Lugo. Os porcos ou " cochos " son cebados con verduras, patacas, millo, cebada . . . para logo seren sacrificados alá polos meses de Novembro ou Decembro. Do porco aprovéitase todo, mesmo a súa sangue, coa que se fan unhas deliciosas filloas.


A vida e a morte

O camposanto ou cemiterio é o lugar onde os viciños da parroquia enterran os restos mortais dos seus familiares. Adoitan estar ubicados ó carón das igrexas parroquiais, para facilita-lo traslado dos corpos. En moitas ocasións, xunto a el, atópase tamén o campo da festa, xa que na Galicia rural considérase que as festas da parroquia son para que as disfruten todos, os vivos e os mortos.

A cova da serpe


As lendas son narracións fantásticas, polo xeral ligadas a elementos da realidade. En terras de Lugo, o imaxinario popular deu lugar ó nacemento das lendas máis inverosímiles, coma a da cova que se ve na imaxe, na cal disque vivía unha serpe de máis de dous quilómetros de lonxitude, que se alimentaba de vacas, bestas e todo o que atopaba na serra.


Artes ancestrais

A historia de terras de Lugo, tan vencellada ó sector primario, fixo que froreceran unha serie de oficios ós que agora chamamos tradicionais. Un bo exemplo desta tradición atopámolo na parroquia de Bonxe, en Outeiro de Rei, lugar onde se asenta un dos talleres de cerámica máis ancestrais de toda Galicia, cuns productos que son quen de transmitir unha mensaxe étnica e de autenticidade.


Música tradicional

Os amantes da música tradicional terán en terras de Lugo un punto de referencia dentro do panorama musical galego: [email protected], [email protected], [email protected] e [email protected] farán as delicias de todo aquel que teña ocasión de velos en acción. Grupos coma A Volta do Agro, Andaina ou Caivanca recollen esta tradición e a levan ó escenario.


O fervor relixioso

Unha das máximas mostras de pasión coa que as xentes de terras de Lugo viven e senten as súas crenzas relixiosas son as romerías. Estas son celebracións de marcado carácter relixioso en torno a unha igrexa ou capela na cal se reúnen os fieis devotos, nalgúns casos, despois de camiñar decenas de quilómetros. Unha delas é a romería da Virxe dos Milagres de Saavedra ( foto ) famosa polo seu poder de convocatoria.


A malla

A malla é o nome co que se coñece unha das labores agrarias máis comúns da Galicia rural. Basicamente, consiste en bater no trigo ou no centeo cun aparato chamado mallo para separa-la palla do gran. Malia que nos tempos de hoxe esta práctica caeu en desuso, son moitos os colectivos que recuperaron a tradición de mallar, organizando xornadas festivas arredor desta tarefa.


Recreando a nosa cultura

A música, a artesanía, a gastronomía, a pintura . . . danse cita unha vez ó ano no Concello de Outeiro de Rei, coa celebración da famosa feira da artesanía: pasarúas, obradoiros, exposicións, degustacións e moito máis completan un programa pensado para disfrutar e saca-lo mellor do noso folclore á rúa. Festa e tradición, lecer e cultura, mistúranse para ofrecernos unha xornada apacible e enriquecedora.


Á calor do fogar

As cociñas tradicioanais galegas, chamadas lareiras, viñan a se-lo espazo máis importante das casas, onde os membros do fogar se sentaban arredor do lume a pasa-las frías noites de inverno. Este lume aproveitabase tamén para cociñar, empregando para tal labor un pote con tres pés que se poñía enriba do mesmo, no cal se cocían os alimentos.





Terra e natureza



Os camiños do monte

As corredoiras son camiños estreitos e fondos, ubicados en montes, e só accesibles para facer a pé ou en bicicleta de montaña, na maioría dos casos. Por esta razón, algunhas delas foron habilitadas como rutas de sendeirismo, que permiten adentrarse e coñecer mellor o noso medio narural, ó mesmo tempo que facemos deporte.

Os nosos cultivos


Os rasgos máis esenciais da agricultura en terras de Lugo son o minifundio e o policultivo. Ambos se ven reflexados na existencia de pequenos invernadoiros e hortas, como a da imaxe, nas cales se prantan nabos, patacas, berzas, cebolas, amorodos. . . Logo, en moitas ocasións, os excedentes destas produccións son vendidos nas feiras locais, o que supón algúns ingresos extra para as unidades familiares.


A vida en amarelo

Sen dúbida, unha das especies vexetais máis clásicas e tamén máis fermosas desta zona é o toxo. Na primavera, estes arbustos énchense dunhas pequenas frores amarelas, dunha cor amarela moi chamativa, e que supón un fermoso contraste cos tonos verdes que predominan na paisaxe. En definitiva, todo un espectáculo natural de cores para deleita-la vista.


Árbores senlleiras

Se por algo se caracteriza o rural de terras de Lugo é, entre outras cousas, pola conservación da súa flora autóctona fronte a especies foráneas, coma o eucalipto, tan común xa noutras zonas de Galicia. Bosques de carballos, castiñeiros, loureiros, abidueiras ou salgueiros dominan unha parte importante do territorio e ennobrecen unha paisaxe na que o verde, nas súas diferentes tonalidades, é a cor predominante.


Amoriñas das silveiras

A silveira brava é unha pranta salvaxe moi típaca desta zona da Galicia interior. Esta adoita medrar na beira dos camiños e corredoiras. Non tería nada de extraordinario se non fora por uns pequenos froitos dun forte sabor doce que brotan no verán. Son as moras ou " amoriñas " das que falaba Rosalía no seu libro Cantares Gallegos.


A vaca: o noso animal

Se existe un animal doméstico por excelencia en terras de Lugo ese é, sen dúbida, a vaca. Ó longo dos sete concellos que forman estas terras atopámonos con multitude de pequenas e grandes explotacións de gando vacún, tanto de leite como de carne. Ademáis, o pastoreo continúa a ser unha práctica moi común, polo que é frecuente atoparnos rabaños de vacas pintas e teixas pacendo nas pradeiras aquí e acolá.


Airas

As airas ( ou eiras ) son pequenos espazos ó ar libre, ubicados pretos das casas, moi comúns nas vivendas da Galicia rural. Aquí era onde se facía a malla dos cereais, se poñían a seca-las castañas ou se tendía a roupa. No entorno da aira, atopábanse o resto de edificacións pertencentes á vivenda: o hórreo, a palleira, o forno...


Montañas de granito

As penas ou rochas graníticas son moi comúns nas zonas máis elevadas de terras de Lugo. Trátase de grandes formacións rochosas nas que o efecto da erosión deu lugar a elementos de enorme beleza plástica. Malia que acceder a estes lugares non sempre é doado, as vistas que ofrecen fan que o esforzo ben pague a pena, especialmente para os amantes da fotografía... ¡¡e da escalada!!


A vista de paxaro

A proliferación de outeiros por todo o territorio de terras de Lugo fai que o visitante teña á súa disposición un sinfín de miradores naturais dende os cales poderá apreciar a beleza paisaxística desta zona na súa plenitude. Estas vistas privilexiadas permiten non só disfrutar da paisaxe, senón que tamén nos axudan a interpretar mellor o territorio. ¡¡Que as disfruten!!





Ocio e gastronomía



Espantar ós malos espíritos

A queimada, unha das beberaxes máis típicas de Galicia, é tamén un clásico nas festas e xuntanzas dos veciños de terras de Lugo. Preparada a base de augardente, azucre, carapelas de laranxa e grans de café, vénse empregando dende tempos moi antigos coma protección contra os maleficios e para mante-las meigas o máis alonxadas posible.


Xoguemos ó golf

Tanto se es un amante deste deporte, coma se simplemente sentes curiosidade por probar, a só 7 qm. de Lugo está o clube de golf da cidade. Grazas ós seus nove buratos, lagoas e árbores autóctonas, xunto coa sensación de paz e tranquilidade que transmite, este campo fará as delicias de todo aquel que se achegue a coñecelo.


O noso pan de cada día

Fariña, auga, sal, fermento . . . e xa temos o pan! Claro que primeiro compre cocelo, e diso se encargan os fornos de pedra que aínda se conservan en moitas vivendas rurais. Unha vez quentado ou " roxado " o forno cunhas brasas, xa só resta introducir a masa e agardar . . . Bo proveito!!


Mmmmmm...

Os amantes da boa mesa que se acheguen por terras de Lugo están de noraboa. A gastronomía da zona de seguro que satisfará os padais dos máis esixentes comensais. Ademáis de pratos típicos galegos, como o famoso caldo, o polbo ou as carnes de porco e tenreira, hai que engadi-los productos máis xenuinos da zona: pementos de Mougán, queixos de Friol, pan de Ousá . . . ¿Non che entra a fame?


A taberna

As tabernas son pequenos locais de hostelería, de carácter popular, onde se serven bebidas e, nalgúns casos, tamén comidas. Podemos consideralas coma os precursores das modernas cafetarías e bares. Algunhas delas seguen abertas e son frecuentadas polos viciños do lugar, que atopan aquí un lugar idóneo para o lecer e a conversa.


De festa en festa

De entre os distintos tipos de festas que se celebran tódolos anos en terras de Lugo, as que teñen unha tradición máis arraigada son as parroquiais. Trátase de festas de carácter relixioso, xa que se celebran no honra do patrono da localidade. Polo demáis, adoitán incluir: verbenas, procesións, fogos artificiais, partidos de fútbol...


O lume purificador

" Por San Xoan, a sardiña molla o pan " . . . Unha costume que xa vén de tempos ancestrais é a de celebra-la noite de San Xoan ó calor dunha fogueira, aproveitando as súas brasas para asa-las clásicas " sardiñas de San Xoan ". Na súa orixe, estes lumes servían para espanta-las meigas e malos espíritos que, tal noite coma está, saían á procura de vitimas.


O magosto

Durante os anos da guerra e a posguerra, a castaña era un alimento básico das xentes da Galicia rural. Malia que a súa importancia na cadea alimentaria foi perdendo peso en favor doutros productos, hoxe en día, aló polo mes de Novembro, réndeselle unha merecida homenaxe coa celebración do magosto, festa de marcado carácter popular, na que as castañas asadas se acompañan de viño, música e baile.


Animais exóticos

Consideraste un amante dos animais ? Que che parecería poder ver reos, bisontes, linces, cebras e moito máis sen necesidade de percorrer miles de quilómetros ? Daquela, benvido a Marcelle ! Este espazo natural de 20 hectáreas conta cun paseo a través do cal poderá desfrutar coa observación das distintas especies nun habitat semellante o propio de cada unha.


¡¡Refréscate!!

Certo é que no verán a calor apreta por estas terras, e hai días nos que pode chegar a ser abafante. Ese é o momento ideal para achegarse a algunha das nosas piscinas ó ar libre. Imaxínalo ? Unha gran poza de auga fresca en plena natureza, rodeado de bosques e pradeiras e baixo un gran ceo azul. ¿A que xa estás desexando que chegue o verán?


Interpretando a natureza

Preto da cidade de Lugo, á beira do río Mera, atópase a aula de natureza do Veral, xunto ó comezo dunha ruta fluvial de gran valor ecóloxico, chamada " a ruta das chousas ". A aula conta cun programa de educación ambiental dirixido a toda a poboación que inclúe actividades relacionadas cos bosques e os ríos e que promove actitudes que contribúan a unha convivencia pacífica coa natureza.


Cruceiros fluviais

Unha opción para coñece-la riqueza fluvial de terras de Lugo é embarcarse no catamarán embarcado en Os Robles. Esta singular embarcación atravesa unha zona de especial beleza natural, permitindo ó viaxante admira-la riqueza ambiental deste entorno privilexiado. Non en van, todo o territorio de terras de Lugo está declarado pola Unesco "reserva da biosfera".


As vides

Malia que terras de Lugo non é zona de cultivo de vides, si que é posible ver algunhas prantacións na zona sur dos Concellos de Guntín e O Corgo. Trátase de pequenas fincas pensadas para o autoconsumo, sen que en ningún caso se cheguen a comercializa-los caldos. De todas formas, da un toque diferencial a unha zona xa de por si rica no que a biodiversidade se refire.



 

 

Colabora